A incubadora galega de novos fármacos elabora tratamentos contra alzhéimer, párkinson e cancro hepático

A incubadora galega de novos fármacos seleccionou tres proxectos contra o alzhéimer, o párkinson e o cancro hepático. A iniciativa I2D2 foi impulsada pola Fundación Kaertor, a Xunta -a través da Axencia Galega de Innovación- e a empresa farmacéutica Janssen. Este ano presentáronse 157 proxectos, todos co obxectivo final de “chegar a probas en concepto de pacientes”.

Durante a fase de incubación, dun ano, un comité de dirección fará un seguimento exhaustivo deste tres programas. Será a primeira incubadora no terreo do descubrimento de novos fármacos en España para acelerar proxectos de investigación temperá.

Con isto exponse novos tratamentos para o alzheimer, patoloxías neurodexenerativas, demencias en trastornos neurolóxicos e enfermidades hepáticas como o cancro de fígado. Son o tres ámbitos clínicos nos que se traballará durante esta fase de incubación nos centros responsables.

Las tres ideas gañadoras chegan da man da doutora Mariluz López, da Universidade Complutense de Madrid; a doutora Guadalupe Sabio, do Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares do Instituto de Saúde Carlos III de Madrid e da compañía Quimatryx de San Sebastián.

Mariluz López centra a súa investigación na dopamina para previr o avance do párkinson, no que explica que xa avanzou en numerosos ensaios tras a presentación da patente.

O director químico de Quimatryx apostou pola inhibición dunha proteína para previr o desenvolvemento do alzhéimer.

Guadalupe Sabio relacionou o seu proxecto coa identificación dunha proteína que favorece o desenvolvemento do cancro de fígado, polo que se é retirada, aumenta a supervivencia.

Hai outros catorce proxectos que están a ser avaliados por compañías. A iniciativa busca que Galicia sexa “un gran polo de innovación aberta cara ao descubrimento de fármacos” tal e como sinalaron na rolda de prensa.

O programa I2D2 busca potenciar o emprendemento e a transferencia de coñecemento, de maneira que se poida xerar actividade empresarial e benestar económico e social. Conta cun orzamento de máis de 2 millóns de euros e supón a creación de ao redor de 10 empregos directos, de perfís de alta cualificación e experiencia en relación coa economía do coñecemento en descubrimento de fármacos.

A través da cooperación público-privada captaranse para Galicia colaboracións que permiten o desenvolvemento de masa crítica e sitúan á comunidade no mapa europeo do sector. O fin é orientar a investigación, buscando ideas e proxectos en diferentes lugares do mundo para que se desenvolvan na nosa comunidade.

(Fonte: Faro de Vigo)