A incubadora de start-ups de Bayer abre unha nova edición

Tras o éxito de 2014, ‘Grants4Apps‘ (G4A), a incubadora de start-ups de Bayer, acaba de abrir unha nova edición do ‘Accelerator’, unha iniciativa dirixida a compañías innovadoras en saúde dixital para axudalas a impulsar e poñer en marcha os seus proxectos. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 31 de maio.

En concreto, o programa vai dirixido a start-ups que estean a desenvolver tecnoloxía ou solucións sanitarias que poidan conectar e empoderar a pacientes e/ou aos profesionais sanitarios: aplicacións móbiles, servizos dixitais, wearables, dispositivos médicos, software ou hardware.

De entre todos os proxectos que se presenten, un xurado formado por expertos de Bayer de diferentes áreas elixirá en xuño as 5 startups gañadoras. Cada unha recibirá un financiamento de 50.000 euros e estarán durante 100 días a desenvolver o seu proxecto na sede de Bayer en Berlín (Alemaña).

Mentor e apoio de Bayer

Ademais de proporcionarlles este espazo de coworking, as empresas contarán cun mentor (que será un membro do equipo directivo de Bayer) e co apoio e asesoramento dos diferentes departamentos de Bayer en asuntos regulatorios, contabilidade, investigación de mercados e mercadotecnia, entre outros.

“Non hai límites para a creatividade, por isto estamos abertos a recibir todo tipo de proxectos innovadores en eHealth e mHealth’ Sabemos que en España hai moitísimas start-ups cun gran potencial e con proxectos moi interesantes, polo que as animo a presentar as súas candidaturas”, aseverou o responsable de Intrapreneurship & Innovation no departamento de IT de Bayer en Berlín e que lidera Grants4Apps’ ‘Accelerator’, Jesús del Valle.

A esta nova convocatoria do ‘Grants4Apps’ ‘Accelerator’ poden concorrer ‘startups de todos os países (agás Estados Unidos), e cada empresa pode presentar, se quere, máis dun proxecto.

(Fonte: infosalus.com)