A incubadora High Tech Auto de Galicia comeza a apurar a súa velocidade de cruceiro coa recente convocatoria da súa terceira edición. A aceleradora especializada no sector da automoción púxose en marcha para favorecer a transferencia de tecnoloxía ao tecido empresarial do sector da automoción, o das empresas auxiliares de compoñentes e os servizos avanzados para esta industria a través da transferencia de tecnoloxía.
O proxecto para converter en realidade ideas e iniciativas non xerminadas e integralas na industria da automóbil conta co respaldo da Xunta, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape); o Consorcio Zona Franca de Vigo; e a Fundación Incyde, e até o 3 de decembro mantén aberto o prazo para apuntarse nunha nova convocatoria cuxo obxectivo é completar a cadea de valor da automoción en Galicia e contribuír a identificar, captar e reter o talento.
O investimento público ascende a 1,9 millóns de euros. Entre os proxectos que xa están en diferentes momentos de madurez e os que se incorporen á terceira edición espérase, entre outras cuestións, poder definir a mobilidade do futuro, que presenta varios retos como son garantir que son sustentables ambientalmente para conseguir cero emisións; a dixitalización, para avanzar no desenvolvemento do vehículo eléctrico, intelixente e autónomo; e a seguridade.
Fonte: La Voz de Galicia