A empresa española Lupeon, creada por enxeñeiros industriais formados na Universidade de Vigo, creou unha tecnoloxía de impresión en 3D que pode aplicarse non só ao sector aeronáutico e aeroespacial senón tamén a interesantes segmentos como a automoción ou o sector da sanidade; por exemplo, para facer prótese.
No ámbito da industria aeronáutica e aeroespacial, países como Alemaña ou Reino Unido xa están a fabricar pezas de metal con impresoras 3D porque abaratan e melloran a produción. Os interesados fan chegar os seus deseños en 3D a Lupeon e alí imprímenos para convertelos en obxectos físicos (de plástico, polímeros, metais, etc) e envíanos por correo, ademais de facer modelos dun prototipo, servizo de escanear ou fabricación de series curtas unha vez realizado o prototipo dun novo produto.
Outra liña de traballo desta empresa é a distribución e venda de varias marcas internacionais de impresoras 3D e repostos.
(Fonte: Spain Technology)