As renovables empezan a ocupar máis espazo nas cidades. Pero a súa presenza segue sendo hoxe case insignificante. Unha opción para lograr que estas tecnoloxías se integren é reducir o seu impacto visual. E que mellor que imitar á natureza para alcanzar este obxectivo. Proba diso é a hedra solar.
n
n
n
Se muros e fachadas poden estar tapizados por esta planta rubideiro, por que non recrear a súa estética para cubrilos e ademais xerar enerxía. "Cada folla Solar Ivy produce entre 0,5 e catro vatios, segundo o tipo de célula fotovoltaica elixida", explica Alex Birdsall, da empresa Smit.
n
n
Así, pódese optar por crear unha hedra solar de película fina fotovoltaica na súa versión orgánica -completamente reciclable e libre de materiais tóxicos-, de silicio amorfo -cunha vida máis longa que as orgánicas- ou optar polas CIGS, as máis eficientes.
n
n
Despois, tocará pensar na densidade que se necesita. E é que, ao tratarse de pequenas células flexibles, se pode elixir a cantidade de follas ben polas necesidades enerxéticas ou polo deseño que se pretende alcanzar, xa que non teñen por que ser verdes, senón que se pode optar por diversas cores para recrear o logotipo da empresa.
n
n
Custo
n
n
O custo do proxecto dependerá do tipo de película fina elixida e do tamaño e a densidade da instalación. A modo orientativo, cada folla orgánica custa aproximadamente 13,85 euros e son as que producen 0,5 vatios hora. As CIGS custan un pouco menos, 13,16 euros por folla, aínda que producen bastante máis enerxía, catro vatios hora. A opción máis cara é a de silicio amorfo, cuxo prezo se eleva a 16,62 euros por folla, a pesar de producir case o mesmo que a orgánica, 0,6 vatios hora. Agora ben, o dito, duran máis. "As Solar Ivy de GIGS teñen unha garantía de ata 15 anos. Despois, producirán menos enerxía", precisa Birdsall.
n
n
Despois haberá que sumar o custo da instalación, incluíndo a estrutura composta por unha malla de alta resistencia, o cable de aceiro inoxidable que suxeitará cada folla de 250 gramos de peso e a man de obra. En España, o investimento podería ser menor que noutros países, xa que aquí o nivel de radiación solar que hai está "entre 3 e 3,9 kWh por metro cadrado ao día", afirma Tomás Díaz, voceiro da Asociación da Industria Fotovoltaica (ASIF).
n
n
En concreto, para unha vivenda unifamiliar localizada en Madrid na que vivisen cinco persoas "necesitaríanse entre 500 e 600 follas CIGS de Soar Ivy", di Birdsall. "Se ben -prosegue-, depende dos hábitos de consumo enerxético da familia. De aí que cando os nosos clientes nos preguntan por un produto tamén os aconsellemos sobre como consumir menos electricidade". O prezo, polo tanto, elevaríase a máis de 7600 euros no caso de que se optase polas orgánicas. E iso sen contar coa man de obra. Un prezo que pode parecer caro, pero non tanto, segundo recorda Díaz, se se compara co investimento que realizan algunhas empresas para poñer muros de mármore".
n
n
De aí que as "Solar Ivy vaian ser instaladas en breve en Montreal Biosphere (Canadá), na Universidade Sheffield (Reino Unido) e na de Utah (EE.UU.). Os próximos proxectos terán lugar en Vancouver, Sant Louis, Filadelfia, Washington e Brooklyn", avanza Birdsall.
n
n
O que non está claro é canta enerxía se necesita para producir cada folla. Se ben, dende a empresa aseguran que "sempre optamos por materiais que requiren o menor consumo enerxético na súa produción. Ademais, a malla onde se instalan as Solar Ivy é reciclable, como tamén o son as follas de película fina orgánica que ofrecemos aos nosos clientes", di Birdsall. En calquera caso, aquilo de que para producir un panel solar se consumía máis enerxía da que xeraba ao longo da súa vida é un mito. Xa en menos dun ano producen máis. Na natureza áchase moitas veces a resposta aos nosos problemas, a hedra solar dá proba diso.
n
n
(Fonte: La Razón)