A Garda Suíza, o exército máis pequeno e máis antigo do mundo, que ten como misión protexer o papa, adáptase aos tempos e substituirá o pesado casco de ferro por un en lixeiro en plástico PVC elaborado cunha impresora 3D.
O novo casco foi presentado durante o tradicional xuramento de 32 novos recrutas e que se celebra cada 6 de maio en conmemoración do chamado “Saqueo de Roma” (1527), no que morreron 147 gardas suízos cando defendían o papa Clemente VI do asalto das tropas do emperador español Carlos V.
Respecto ao histórico ademais de ser máis lixeiro custa a metade, uns 880 euros, e ademais incluíuse o escudo do papa Julio II, quen fundou a garda Suíza e que ata agora non figuraba.
A impresora 3D dunha compañía suíza tarda preto de 14 horas en rematar un só casco. A pesar de que é moito máis económico, o xeneral da Garda Suíza, Christoph Graf, explicou que están a buscar patrocinadores para que o gasto non pese ás finanzas da Santa Sé.
A Garda Suíza foi creada en 1506, cando o papa Julio II negociou cos cantóns helvéticos o envío de voluntarios para conformar unha garda persoal e da súa residencia en Roma.
(Fonte: Expansión)