A Galiciencia ten xa mascota para celebrar o seu décimo aniversario

Entre os meses de abril e xullo Tecnópole recibiu 86 propostas no concurso convocado para o deseño da mascota oficial da Galiciencia. Finalmente, o elixido foi Micro, creado por Sira Ricoy, alumna de 1º da ESO do IES Carlos Casares de Vigo.

Micro é a simpática personificación dun microscopio, un intelectual que devora libros sobre ciencia e que estará moi presente na celebración do décimo aniversario do certame, o próximo mes de novembro.  

No concurso participaron alumnos de colexios de Ourense, Vigo, A Guarda, Ferrol e tamén algúns particulares, ademais de todos os participantes nos Tecnópole Technological Workshops (T2W), o campamento de verán.

(Fonte: Tecnópole)