«Galicia é a única comunidade que deu un salto de xigante en materia aeronáutica», di Enrique Mallón, presidente do Consorcio Aeronáutico Galego (CAG), baseando a súa reflexión nas cifras que avalan o crecemento -máis de 1.250 traballadores e case 100 millóns en vendas-, e na capacidade tractora de xigantes do sector: desde Boeing, Babcock e Indra, até a recente incorporación de Airbus.
As previsións son boas, porque a industria aeronáutica a nivel global quere sacar músculo coa vista posta no futuro. Tras unha etapa complexa para as compañías aéreas, que tras a caída de de actividade pola pandemia, afronta agora, entre outros retos, a escaseza de pilotos, dous dos grandes fabricantes de avións do mundo acaban de anunciar unha ofensiva que vai xerar 23.000 novos empregos.
Boeing concentrará a maior parte do crecemento nas unidades de negocio, enxeñaría e fabricación, co propósito de satisfacer a demanda das aerolíneas: en novembro pasado, o presidente executivo de Ryanair, Michael O´Leary, ratificou un contrato para recibir 51 avións de Boeing antes de abril; e hai uns meses, Air Europa asinaba un pacto marco con Boeing para renovar a súa frota a partir do 2023 coa incorporación dos novos modelos Boeing 787-9, Dreamliner e Boeing 737 Max, por un importe que podería alcanzar os 2.500 millóns de euros.
Fonte: La Voz de Galicia