Imatia, empresa galega desenvolvedora de software específico en sectores como a moda, o retail, o comercio electrónico ou as administracións públicas, anunciou a súa participación no PERTE-VEC (Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica do Vehículo Eléctrico e Conectado) liderado por Stellantis, grupo automobilístico internacional que explota e comercializa, entre outras, marcas como Fiat, Alfa Romeo, Maserati, Jeep, Dodge, Peugeot e Citroen, a través dun proxecto primario denominado Plataforma de múltiples lados.
O foco desta tecnoloxía é aumentar o grao de dixitalización de todos os actores que forman parte da cadea de valor do VEC; con especial atención ás pemes, a través dun software comercializado como servizo. Esta alternativa ofrece unha solución para que empresas con menores recursos tecnolóxicos poidan competir en igualdade de condicións.
Fonte: La Voz de Galicia