A galega Galchimia será a primeira química española en cotizar na bolsa alternativa

n

n

En xuño, a empresa galega Galchimia será a primeira do sector químico español en dar o salto ao Mercado Alternativo Bolsista (MAB), un segmento da bolsa que facilita que as pequenas e medianas empresas negocien as súas accións e se dean a coñecer.

n

n

n

 

n

n

n

A firma, que naceu coa axuda da Universidade de Santiago, anunciou a súa decisión durante a reunión de investidores do Clúster Biotecnolóxico de Galicia. Fundada en 2001 por Carme Pampín, Jacobo Cruces, Ramón Estévez e Gabriel Tojo, creceu un 800% nos seus primeiros anos e facturou 1,6 millóns de euros en 2010. "Coa súa saída ao MAB, a compañía potenciará o seu proceso de internacionalización e mellorará a súa capacidade operativa", aseguran nun comunicado.

n

 

n

Os seus servizos para as industrias química, farmacéutica e biotecnolóxica véndense en 25 países de Europa e Estados Unidos. Entre os seus clientes están as farmacéuticas Almirall, Palau Pharma e Esteve, e biotecnolóxicas como Noscira (do empresario galego José María Fernández Sousa), Midatech, GenMedica Therapeutics e Neuron BPH.

n

 

n

Galchimia está orientada á investigación e o desenvolvemento no campo da química baixo contrato (proxectos completos que desenvolven de forma integral para unha soa empresa), e no desenvolvemento de procesos (enfocado a empresas de medicamentos xenéricos ou a aquelas que teñen un método para sacar un produto ao mercado e o queren optimizar).

n

 

n

Tomaron a decisión de saír a Bolsa pensando que a súa traxectoria pesa máis que a crise económica. Sobre todo porque a súa participación en proxectos nacionais e internacionais é cada vez maior.

n

 

n

(Fonte: El País)

n

n

n

 

n