A nosa comunidade foi a máis premiada nos galardóns anuais Porc d´Or, que recoñecen o traballo das granxas españolas de porcino máis punteiras do país. Dos 12 galardóns entregados en Galicia, 11 explotacións son da empresa ourensá Coren, líder do sector. Tal como explican desde a organización, os criterios empregados para outorgar os 45 galardóns de ouro, prata e bronce, son a Taxa de Partos, a de Lonxevidade e a de Produtividade Numérica.
Coren recibiu catro ouros, dous na categoría de Produtividade Numérica, outro en Lonxevidade e outro en Taxa de Partos; tres pratas, dúas en Produtividade Numérica e unha en Taxa de Partos; e catro bronces (un en TP, dous en PN e dous en LG).
Os premios Porc d´Or, que son de carácter anual e de ámbito estatal, teñen a súa base no BDporc, o Banco de Datos de Referencia do Porcino. Esta ferramenta está xestionada polo IRTA para proporcionar información de referencia ás empresas de produción porcina como elemento de axuda na toma de decisións. O obxectivo destes premios é recoñecer a excelencia do sector porcino español, de gran renome tanto a nivel nacional como internacional, así como o seu tesón, esforzo e capacidade de adaptación na procura da mellora continua.
Fonte: El Correo Gallego