Durante a inauguración dunha xornada de traballo no centro tecnolóxico Gradiant, Varela remarcou a importancia destes traballos innovadores, que converten a Galicia na rexión líder de Europa na captación de fondos europeos e nun exemplo das aspiracións da comunidade galega neste campo para os próximos anos.
Faiera, executado por aimen, busca avanzar no microprocesado por láser para facilitar a incorporación desta innovadora tecnoloxía á industria galega; Lifgate de Gradiant céntrase na seguridade multimedia, o deseño de sistemas de información e as comunicacións por satélite; e por último, Biocaps do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo está focalizado nas ciencias neurolóxicas e as enfermidades raras ou infecciosas, endocrinoloxía, metabolismo, biomateriais e envellecemento, entre outras áreas.
Tras a presentación destas iniciativas, o director da Gain puxo en valor a oportunidade que supón o programa europeo Horizonte 2020, do que xa se captaron case 80.000 millóns de euros, e anunciou que o obxectivo do Goberno galego é superar os 120 millóns nesta convocatoria para conseguir que as pemes galegas gañen competitividade a través da I+D+i.
(Fonte: Innovamás)