Con esta nova convocatoria, a filial española busca potenciar o sector das TIC a nivel social e todas as súas funcionalidades, de forma que todo proxecto innovador neste sector teña en conta, dende a súa fase inicial, a accesibilidade universal e o deseño para todos, ao tempo que se incentiva o desenvolvemento de aplicacións de interese social.
Neste contexto, outorgaranse tres premios dentro desta IX edición, baixo o epígrafe común de “Premio ao Proxecto de Innovación no ámbito da Investigación e do Desenvolvemento das Telecomunicacións”, dotado con 20.000 euros cada un e unha escultura conmemorativa.
Para a elección dos gañadores, un xurado formado por personalidades relevantes vinculadas ao sector da administración, a investigación e a empresa, serán as encargadas de seleccionar os galardoados en virtude a unha serie de criterios: dende o carácter innovador da solución que presenten, ata o público obxectivo que se podería beneficiar dela.
Por este motivo, as candidaturas agruparanse en varias categorías: en primeiro lugar, haberá un premio ao desenvolvemento da mellor “Aplicación Mobile for Good”, que se outorgará a aquela aplicación para smartphone que contribúa á mellora da calidade de vida, a autonomía persoal e a promoción do envellecemento activo.
A esta seguiralle o galardón ao proxecto “M2M Mobile For Good”, enfocado a iniciativas que utilicen ou deseñen dispositivos conectados, que axuden a mellorar a calidade de vida, a accesibilidade e a autonomía das persoas en calquera dos seguintes ámbitos: vida na cidade, saúde e turismo.
Por último, o premio ao proxecto de “Solución TIC Mobile For Good”, entregarase a un proxecto que utilice as TIC como solución. Os proxectos que se presenten deben rematar a súa fase de definición e estar listos para comezar a fase de execución, ou comezala xa na data de entrega. O prazo de admisión finaliza o próximo 30 de abril, e a resolución do xurado nas diferentes categorías coñecerase antes do 30 de xuño de 2015.
(Fonte: Innovaspain)