A Fundación Repsol abre a 5ª convocatoria para participar no seu Fondo de Emprendedores, mediante o que ofrece a posibilidade de apoiar proxectos a través de formación e asesoramento tecnolóxico, empresarial e legal, coordinado por un equipo de titores; así como apoio económico, que oscilará entre 6000 e 12.000 euros ao mes (ata un máximo de 24 meses).
Esta iniciativa enmárcase dentro da súa estratexia para a mellora da sustentabilidade dos modelos enerxéticos actuais. En concreto, o fondo está dirixido a emprendedores con proxectos tecnolóxicos innovadores no campo da enerxía e a eficiencia enerxética e pretende apoialos para levar as súas solucións ao mercado no menor tempo posible.
O prazo de inscrición finaliza o 15 de novembro e os criterios que se terán en conta para a selección de proxectos teñen que ver, principalmente, co grao de innovación do proxecto e o seu impacto tanto económico e social, como enerxético e ambiental.
Máis información aquí.
(Fonte: Fundación Repsol)