A Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía lanza a campaña “As pequenas estano choiando”

A Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt) lanzou a campaña "As pequenas estano choiando", unha iniciativa que persegue difundir e promover entre as microPemes a importancia da implantación dunha cultura da innovación nos seus negocios.

n
n

nA campaña apoiase fundamentalmente en dous medios: radio e Internet e persegue o triplo obxectivo de transmitir optimismo, motivar ás microempresas cara á innovación e ensinar con exemplos reais que facer cousas diferentes é posible.
n
nPara iso, a campaña propón a todas aquelas empresas "que xa o están choiando" contar o seu caso na web www.laspequenasseloestancurrando.es. Así, as empresas poderán explicar a súa historia mediante un vídeo ou unha fotografía e un breve texto e participar no concurso dunha campaña de promoción online para aquela que reciba máis votos dos visitantes á web.
n
nAdemais dos casos reais de micropemes innovadoras a web ofrece outras seccións nas que o visitante poderá entender cal é o verdadeiro alcance da palabra innovación e como se vincula á oportunidade de mercado e o incremento de negocio.
n
nEsta campaña enmárcase na iniciativa INNAC: Actitude innovadora, que aglutina todas as accións de FECYT na área de fomento dunha cultura da innovación. Para FECYT, unha actitude innovadora comprende o conxunto de valores, hábitos e actitudes que promoven procesos de cambio baseados no coñecemento, cuxo resultado xera valor económico e social.
n
n(Fonte: Fecyt)

n