A Fundación COTEC publica un documento sobre as oportunidades que ofrece a innovación en defensa e seguridade

n

n

En España máis do 90% dos desenvolvementos tecnolóxicos para a defensa teñen aplicación no sector civil. Estados Unidos, dedicou en 2008 o 56,6% do seu investimento en I+D a defensa e seguridade, Francia o 27,7%, Reino Unido o 21,8%, España o 15,3% e a UE-15 o 11,8%.

n


n

 

n

n

A defensa e a seguridade constitúen dúas áreas estratéxicas para calquera sociedade avanzada fronte a ameazas como as guerras, o terrorismo, o crime organizado ou catástrofes e accidentes tanto naturais como provocados. E dispoñer de medios cada vez máis avanzados para facer fronte a estas situacións e protexer os seus cidadáns é unha actividade esencial á que dedican importantes esforzos en I+D e innovación, especialmente no referente a garantir a seguridade e a integridade física do persoal das súas Forzas Armadas e Corpos de Seguridade.

n

 

n

O país de referencia, Estados Unidos, dedicaba en 2008 o 56,6% do seu gasto en I+D a defensa, Francia o 27,7%, Reino Unido o 21,8%, España o 15,3%, Suecia o 12,4% e a media da UE-15 o 11,8%. A bastante distancia se atopan outros países como Alemaña, cun 6%, Xapón (5,2%), Noruega (4,8%), Polonia (3,2%) ou Finlandia (2,8%). Estes investimentos, ademais de dar soporte ao avance e mellora das capacidades das Forzas Armadas e Corpos de Seguridade, potencian a base industrial nacional en áreas tecnolóxicas que poden xerar actividades industriais e negocios cun impacto positivo na economía e na competitividade.

n

 

n

En España, o Ministerio de Defensa e en menor medida o de Interior invisten de forma intensiva recursos na obtención e modernización dos seus medios, o que se traduce na dedicación dunha parte importante do seu presuposto ás actividades relacionadas coa investigación, o desenvolvemento e a innovación. E é que a importancia social da seguridade e a defensa fai que os estados estean dispostos a manter determinadas capacidades e medios avanzados, a pesar de que o prezo final dos produtos requiridos sexa elevado.

n

 

n

Isto fai que os requisitos de prestacións e calidade destes produtos teñan maior importancia que o prezo, é dicir, trátase en xeral dunha demanda pouco sensible ao prezo. Ademais, a innovación en defensa oriéntase fundamentalmente a soportar capacidades que necesitan as Forzas Armadas e Corpos de Seguridade e, polo tanto, ao deseño e desenvolvemento de novos sistemas e equipos o que se traduce en melloras importantes de funcionalidade e prestacións e maior eficacia nas operacións.

n

 

n

Oportunidades

n

 

n

Segundo se recolle no documento de Cotec, existen interesantes e atractivas oportunidades para a industria española no sector da defensa e a seguridade que poden reforzar a súa competitividade e as súas posibilidades de negocio. As características avanzadas e a sofisticación dos sistemas dedicados á seguridade e a defensa, en moitos casos superiores aos sistemas civís, considéranse un excelente caldo de cultivo para a creación de coñecementos, tecnoloxías e capacidades de deseño e produción en áreas tecnolóxicas moi diversas como a electrónica, as tecnoloxías da información e as telecomunicacións, a bioloxía, a química ou os sistemas aeroespaciais, entre outras.

n

 

n

O documento de Cotec recolle algunhas das principais áreas tecnolóxicas de interese para o sector da defensa e a seguridade nas que a innovación pode achegar máis valor. Unha delas é a aeronáutica, que ten especial interese para a seguridade e a defensa pola súa capacidade de situar con rapidez todo tipo de medios na zona de operacións, dende persoal a material loxístico, medios de observación, ou material ofensivo. Avións, helicópteros, satélites, mísiles e vehículos aéreos non tripulados requiren da tecnoloxía aeronáutica para o seu deseño e desenvolvemento, pero tamén hai que considerar os motores, os sistemas de propulsión destes aparatos, e especialmente as interfaces dos pilotos ou usuarios para manexar estes aparatos. É unha área cun carácter bastante dual xa que moitas tecnoloxías aplicables á aeronáutica militar son aplicables ao campo da aeronáutica civil. Un dos proxectos nos que participa España neste campo é o "Advanced UAV" un Sistema de UAV (Vehículo Aéreo No Tripulado) tipo MALE (Media Altitude e Alta Autonomía) para misións de Intelixencia, Vixilancia, Adquisición de Brancos e Recoñecemento (ISTAR).

n

 

n

A área de armamento e materiais enerxéticos inclúe as tecnoloxías relacionadas coa munición como cabezas de guerra, espoletas, pólvoras, explosivos canóns, pezas de artillería e minas. Trátase dunha área con poucas aplicacións civís onde os avances máis importantes se sitúan nas ciencias de materiais. Nesta área cabe destacar o proxecto "Combatente Futuro" que está dirixido a que as necesidades para combater e sobrevivir no futuro campo de batalla sexan satisfeitos de xeito óptimo mediante a integración de tecnoloxías moi diversas para atender a cuestións relativas ao peso, a mobilidade, a ergonomía, a supervivencia e o sostemento ou capacidade de neutralizar o adversario, que permitan considerar o combatente como un "sistema soldado", é dicir, un conxunto optimizado do individuo e todo aquilo que utiliza, transporta e consume durante a súa actuación en combate.

n

 

n

O desenvolvemento de armas biolóxicas e químicas non é importante no noso país dado que España é signataria de diversos tratados para evitar o seu uso e proliferación. Non obstante, os medios de defensa contra estas armas son especialmente relevantes ao poder ser as Forzas Armadas e Corpos de Seguridade ou os cidadáns vítimas dun ataque deste tipo de orixe militar ou terrorista. Algúns destes desenvolvementos inclúen sistemas de alerta temperá e de protección persoal, vehículos capacitados para operar nun ámbito contaminado sen sufrir danos, ou diversos medios de descontaminación. Neste campo cabe destacar o proxecto de cooperación tecnolóxica da EDA (Axencia Europea de Defensa) no que España participa denominado "Analizador de axentes de guerra química baseado en microsistemas de infravermellos de dobre banda e baixo custo (CANARIO)", para a detección de gases e axentes tóxicos e que está baseado na absorción infravermella que algunhas moléculas constituíntes destes compostos presentan na devandita rexión do espectro.

n

 

n

A fabricación de compoñentes electrónicos é unha área de especial interese para a Seguridade e a Defensa, pois moitos equipos e sistemas conteñen este tipo de compoñentes como, por exemplo, os sistemas de mando, control, comunicacións, intelixencia e información. E é que a electrónica, o software ou as comunicacións están presentes na maioría dos sistemas de información e comunicacións. De especial interese son as tecnoloxías relacionadas cos ordenadores de altas prestacións, a interface de usuario, a seguridade da información, os sistemas de modelado e simulación, as redes de datos e sistemas de transmisión, os equipos de procesamento de sinal e, en xeral, todas as aplicacións informáticas orientadas ás operacións de seguridade e defensa. Un dos proxectos nos que España participa nesta área tecnolóxica é "TALOS", dirixido a desenvolver un prototipo de sistema unificado para realizar de forma simultánea plan de manobra e apoios de lume (de artillería de campaña, naval, aéreo e de morteiros), condución da manobra, seguimento de forzas propias, dirección do tiro e obtención de brancos, modificando, adaptando e ampliando as funcionalidades de prototipos xa existentes, de modo que se dispoña dun único sistema cunhas características que permitan que sexa utilizado tanto por unidades do Exército de Terra coma por unidades da Armada.

n

 

n

En sistemas terrestres a área máis importante para a seguridade e a defensa é a enxeñería mecánica relacionada co vehículo e, en particular, o deseño de motores avanzados para a súa propulsión como, por exemplo, motores híbridos (diesel-eléctricos, etc.) e de vehículos non tripulados con capacidade de operar autonomamente, unha tecnoloxía que lidera o sector civil e cuxos progresos e desenvolvementos se aplican tamén ao sector da defensa e a seguridade.

n

 

n

(Fonte: COTEC)

n

n

n

 

n