A Fundación Barrié reúne 150 axentes do Sistema Español de I+D

n

n

Empresarios, investigadores, universidades e representantes de sociedades de capital risco e da administración, xunto cunha delegación deste mesmo perfil procedente do Reino Unido, déronse na Oxford Innovation Society (OIS) Meeting and Dinner, un evento que recalou por primeira vez en España nos seus vinte anos de historia de man da Fundación Barrié e de Isis Innovation, a empresa de transferencia de tecnoloxía da Universidade de Oxford.

n


n

 

n

n

O encontro, cuxo principal obxectivo é fomentar as relacións entre a comunidade académica e a empresa propiciando o establecemento de contactos que poidan frutificar en acordos de colaboración, contou co patrocinio de PwC e a Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT).

n

 

n

A Oxford Innovation Society é un foro de excelencia para a innovación aberta que xunta investigadores e inventores, spin-off universitarias, profesionais da transferencia de tecnoloxía, empresas, grupos investidores e algunhas das multinacionais máis innovadoras do mundo. Creada por Isis Innovation en 1990, a OIS permite ás empresas ter unha ventá aberta á ciencia da Universidade de Oxford e establecer vínculos entre o tecido empresarial e a comunidade académica. 170 empresas de diferentes ámbitos de actividade como Bayer, BMW, British Airways, Coca Cola, Procter&Gamble ou Sony fóronse integrando na OIS durante este tempo.

n

 

n

A Fundación Barrié e Isis Innovation colaboran dende hai dous anos no campo da transferencia de tecnoloxía, esforzo enmarcado na súa liña de apoio ao talento. Nos últimos 21 anos, as súas bolsas para estudos de postgrao no estranxeiro beneficiaron a máis de 500 persoas cun investimento total superior aos 28 millóns de euros para a realización de másters, doutorados e estancias de investigación nos centros internacionais máis prestixiosos.

n

 

n

A Fundación Barrié é unha fundación privada creada en Galicia en 1966 polo empresario galego Pedro Barrié de la Maza. As súas actuacións ligadas á I+D+i suporían ao final do exercicio 2011 un investimento de 4,41 millóns de euros nun ano, un 53% superior á cantidade destinada en 2010, da orde de 2,88 millóns de euros.

n

 

n

Con base á colaboración da Fundación con Isis Innovation, constituíu un Fondo de investimento en Ciencia dotado con 5,5 millóns de euros ata 2014 que a converteu xa en socio investidor en proxectos capaces de xerar resultados de investigación susceptibles de ser comercializables. Ata o momento, mobilizáronse xa 1,5 millóns de euros.

n

 

n

Por outra parte, consciente do papel fundamental que cumpren os axentes intermedios entre a investigación e o mercado, ao longo de todo o ano 2011 a Fundación Barrié veu desenvolvendo conxuntamente con Isis Innovation un Programa de Capacitación en Transferencia de Tecnoloxía que contempla varias liñas de actuación orientadas ao desenvolvemento de competencias expertas por parte de todos os perfís relacionados coa valorización comercial dos resultados de investigación, todas elas desenvolvidas co apoio da Fundación Xenoma España, a RedOTRI e o Consorcio Biopol.

n

 

n

Mediante este programa, están a mellorar as súas capacidades 150 profesionais de toda España dedicados á transferencia de tecnoloxía, con actividade nos ámbitos da avaliación e comercialización de tecnoloxías procedentes das universidades, redes de Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI), centros tecnolóxicos e outras entidades relacionadas coa I+D.

n

 

n

(Fonte: Innovamás)

n

n

n

 

n