A firma de Tecnópole Big Formación, un ecosistema de empresas de formación

Con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, Big Formación está de aniversario e o seu CEO, Rubén Grande, quere repasar algúns dos fitos das empresas que o conforman (Newton Consultoría, Cenaform, Galearn, GO Sanidad, BIG Team & BiGtv). “Iniciamos o proxecto o 24 de maio de 2016 dúas persoas e hoxe somos un equipo de 40 profesionais con 36 centros de formación presencial e 5 online acreditados para formación profesional e formación non regulada. Non teriamos chegado até aquí sen o talento e a actitude do noso equipo”.

Dos fitos que Rubén Grande destaca, subliña algúns como: ser o primeiro centro privado de FP homologado en Galicia en Distancia en Emerxencias Sanitarias e en presencial en Técnico en coidados Auxiliares de Enfermaría; ser o primeiro centro homologado en teleformación en Galicia; constituíron a primeira editorial de contidos interactivos; son líderes a nivel estatal no sector de formación sociosanitario coa plataform APP BiGTeam con máis de 61K traballadores formados, e trátase da primeira entidade en impartir aula virtual a nivel estatal na pandemia.

En canto ao seu alumnado, “cubrimos un amplo espectro, desde ciclos de formación profesional nos nosos dous colexios, profesionais do sector sanitario ou sociosanitario ou administracións públicas” -sinalan-.

Fonte: La Región