A falta de investimento dixital, un risco para as pemes

A dixitalización, a innovación e a implementación nos procesos de organización e comunicación empresarial de tecnoloxías como a Intelixencia Artificial (TA) ou o Big Data son imprescindibles para o crecemento e a sustentabilidade económica de calquera proxecto comercial actual.

Mentres que as grandes empresas xa empezaron a incluír este tipo de tecnoloxía no seu organigrama de traballo, as pemes e sociedades industriais de tamaño medio son as que máis atrasadas están na implementación destes avances. Un dos motivos desta fenda dixital entre grandes e pequenas empresas é que a cantidade de perfís dixitais segue a ser insuficiente, o que xera dificultades para avanzar ao ritmo adecuado nos procesos de dixitalización, especialmente en proxectos e iniciativas de perfil local e de proximidade.

Segundo datos da Unión Europea, só o 60% das pemes españolas contan cun nivel básico de intensidade dixital, situándose por baixo do obxectivo europeo de conseguir que sexa o 90% delas para 2030. A compañía de análises dixitais The Valley afirma que tan só o 8% das empresas españolas utilizan IA e un 9% Big Data, da mesma maneira que a falta de especialistas con formación dixital limita a produtividade, cada vez máis dependente de internet e dos servizos online.

Fonte: La Región