O modelo de aeroxerador Ned-100 que desenvolveu a empresa galega Norvento Enerxía explora un novo concepto de xeración eléctrica e está enfocado a xestionar enerxía e non só a consumila como acontecía ata agora. O aeroxerador, único no mundo, produce electricidade só onde se necesita, polo que axudará a abaratar custos enerxéticos.
n
n
nEste aeroxerador de tecnoloxía propia conta con 37 metros de altura e cun rotor de 22 metros de diámetro. Incorpora os avances da eólica convencional nunha máquina capaz de xerar enerxía limpa, polo que contribuirá a reducir emisións de CO2 en zonas industriais, portos, centros comerciais e de ocio.
n
nO novo modelo destaca por ser o primeiro do mundo no seu segmento que combina o concepto de accionamento directo, elixido polos fabricantes de grandes aeroxeradores mariños (offshore), coa regulación por velocidade variable e control do paso das pas, o que fai que a máquina opere co máximo o rendemento aerodinámico en todas as condicións de vento.
n
nAdemais, coa integración dos últimos avances tecnolóxicos, logrouse que este aeroxerador non teña sistemas hidráulicos, co que se reducen as necesidades de mantemento e a probabilidade de avarías, evitándose tamén os residuos e riscos ambientais asociados ás reparacións.
n
nA máquina está deseñada para conectala a calquera rede eléctrica, polo que non presenta problemas de estabilidade nin seguridade.
n
nCun investimento que supera os seis millóns de euros, a firma xa instalou un prototipo do aeroxerador en Vilalba (Lugo).
n
n(Fonte: Spain Technology)