A empresa de Tecnópole Primux, pioneira na implantación do 5G

Primux, situada en Tecnópole, é unha empresa tecnolóxica centrada no desenvolvemento de ordenadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios diversos. Vai introducir no noso país a nova tecnoloxía móbil 5G. 

A firma, que segue apostando polo desenvolvemento tecnolóxico, presentará nos próximos meses o Primux ioxbook 1305 G, con procesador Qualcomm Snapdragon 8 CX. O ioxbook 1305 G é un portátil revelador e eficaz, cun deseño ultrafino, do que Primux ofrecerá dúas versións ao mercado: 4 G e 5 G. O proxecto parte dunha colaboración con Qualcomm e Microsoft, converténdose así na primeira empresa española en asinar un acordo desta índole coa recoñecida compañía estadounidense de telecomunicacións. 

As virtudes deste novo ordenador serán o deleite de todos aqueles que queiran un portátil elegante e ultrafino, dotado da tecnoloxía máis avanzada: procesador Snapdragon 8 CX de gran desempeño e eficiencia, unha batería case inmortal con máis de 20 horas de vida, unidade de procesamento gráfico Qualcomm, xunto a outras grandes posibilidades. 

Estaremos conectados a todo, todo o día, e no menor tempo posible 

Dende a empresa destacan que “o 5G aumentará a velocidade de conexión, reducirá ao mínimo a latencia e multiplicará exponencialmente o número de dispositivos conectados. Estaremos conectados a todo, todo o día, e no menor tempo posible”. 

“O 5G permitirá navegar ata a dez gigabytes por segundo, dez veces máis rápido que as principais ofertas de fibra óptica do mercado. A ese ritmo poderase, por exemplo, descargar unha película completa en cuestión de segundos” -indican-. Aseguran que “o que ata hai pouco nos parecía imposible será, grazas a Primux, unha realidade moito máis próxima no noso mercado co ioxbook 1305 G na súa versión máis futurista”. 

Prevese que a implantación da rede móbil de quinta xeración chegará ao noso país no segundo semestre do ano, instaurando as bases dunha nova comunicación ao alcance de todos. O seu despregamento suporá unha auténtica revolución tecnolóxica. 

Fonte: Tecnópole