Organizado pola Asociación Asturiana de Empresarios Forestais da Madeira e o Moble (ASMADERA) coa colaboración da Cámara de Comercio de Oviedo e Caixa Rural de Asturias, este torneo de innovación formula desafíos a emprendedores e empresarios para a industria forestal e da madeira co obxectivo de desenvolver proxectos, produtos e servizos destinados a mellorar a produtividade das empresas do sector.
As solucións de negocio ofertadas por iforest ás empresas do sector céntranse na implementación de ferramentas tecnolóxicas para mellorar en eficiencia, redeseñar o modelo de negocio, os produtos ou servizos e posicionarse no novo mercado dixital. Isto inclúe un software para a xestión diaria (facturación, presupostos, albarás, tenda virtual, correo electrónico e axenda de contactos), o deseño de webs á medida responsive, a optimización para posicionamento en internet, informes personalizados e difusión de contidos. Ademais, a empresa oferta formación, xestión de frotas e medición dixital de troncos.
(Fonte: iforest)