n
n
Tecnópole aumenta a súa nómina de empresas coa incorporación de sete novas iniciativas de negocio, segundo autorizou o Consello de Administración da entidade na reunión celebrada este martes en Ourense. A reunión estivo presidida por Manuel Varela, vicepresidente do Consello de Administración e director da Axencia Galega de Innovación, en representación da Consellería de Economía e Industria.
n
n
n
n
En primeiro lugar, foi aprobada a instalación do departamento de I+D+i da empresa Primux Trading, que baixo a marca Primux Tech deseña, fabrica e vende -todo dende Ourense- produtos de electrónica de consumo tales como tablets, smartphones, ebooks, ordenadores, cargadores, baterías, teclados, ratos, altofalantes e discos duros externos. Segundo os seus responsables, a situación en Tecnópole do departamento responsable do desenvolvemento de novos produtos débese á oferta de servizos de apoio á innovación que ofrece a entidade e á proximidade con outras empresas tecnolóxicas coas que poder colaborar.
n
n
Tamén comezará a súa actividade en Tecnópole a empresa de nova creación Xiriax Pharma, que ocupa un niño na incubadora para prestar servizos de internacionalización de produtos farmacéuticos a laboratorios de toda España. A empresa está especializada en buscar canles de comercialización no mercado exterior para vacinas, cosméticos e complementos nutricionais e parte xa con contratos con laboratorios de varios puntos do país, aos que tamén asesora na mellora dos seus produtos.
n
n
A empresa Miniprice Express, dedicada ao desenvolvemento e integración de servizos de comercio electrónico, ocupa tamén un novo espazo no Parque Tecnolóxico de Galicia para avanzar nos seus proxectos de I+D nos ámbitos do ecommerce social e móbil, a computación na nube e a realidade aumentada. Actualmente, xestiona unha tenda online de produtos informáticos que ofrece prezos moi competitivos grazas ao deseño dunha ferramenta propia para integrar stocks de toda Europa en tempo real.
n
n
A estas súmanse Integriatech, unha empresa en proceso de constitución que orientará a súa actividade a desenvolver modelos de explotación de sistemas eléctricos distribuídos; Antali Technologies, empresa xestora do novo portal de moda www.tenestilo.com, dotado de estilista virtual personalizado; Paratermo Energía, especializada na intermediación de proxectos e estudos relacionados coa arquitectura, o urbanismo e o medio; e, finalmente, a empresa de prevención Asepeyo, que instala unha oficina en Tecnópole con motivo dun acordo de colaboración con Unipresalud para ofrecer servizos conxuntos.
n
n
Proxectos inmediatos
n
n
Entre outros asuntos, os membros do Consello de Administración foron informados tamén sobre os proxectos que Tecnópole levará a cabo de xeito máis inmediato.
n
n
No campo da prestación de servizos avanzados ás empresas, Tecnópole dará un paso máis no proxecto de promoción da innovación aberta iniciado en outubro de 2012 baixo o nome '5 sentidos para innovar'. Despois da positiva experiencia rexistrada co primeiro encontro, celebrado entre empresas de Tecnópole o outubro pasado, o próximo 22 de febreiro o programa ábrese a empresas de toda Galicia. Nesta ocasión, incorpórase como novidade a celebración dun showroom no que as empresas de Tecnópole exporán os seus produtos innovadores.
n
n
Polo que se refire ás actividades de divulgación, a mediados de febreiro comezará de novo a xira dos Espectáculos de ciencia, unha iniciativa que percorreu Galicia en 2012 cun enorme éxito. Este ano, serán un total de 14 espectáculos que terán lugar ata maio repartidos polas sete grandes localidades galegas. O obxectivo volverá ser orientar alumnos de ESO, Bacharelato e FP cara á carreira científica ou cara a actitudes e aptitudes de emprendemento innovador mediante experiencias amenas e atractivas.
n
n
n