A empresa da Tecnópole Quobis Networks recibe o ‘Premio Bancaja Jóvenes Emprendedores 2007’

A empresa galega Quobis Networks, situada na Tecnópole e especializada na integración de redes de telecomunicacións de nova xeración, foi galardoada co ‘Premio Bancaja Novos Emprendedores 2007’ na súa modalidade de empresas de base tecnolóxica.
n
nNesta edición participaron un total de 425 proxectos de toda España, o que supón un 15 por cento máis ca no ano pasado. É a terceira ocasión na que este premio se convoca a nivel estatal, o que explica a gran diversidade xeográfica dos proxectos a concurso. Para a selección dos proxectos, o xurado tivo en conta a incorporación de elementos innovadores ou diversificadores e considerou a capacidade de xeración de emprego estable, en especial para os mozos. O premio entregarase nun acto que terá lugar na sede social de Bancaja (Valencia), de mans do presidente da sociedade, Jose Luís Olivas Martínez.
n
nSegundo Iago Soto, responsable de desenvolvemento de negocio de Quobis Networks, “este premio impúlsanos a seguir traballando para posicionarnos como empresa tecnolóxica de referencia na integración de sistemas de telecomunicacións para grandes empresas e para a Administración pública”. Este é o segundo galardón que recibe a compañía, tras serlle outorgado en marzo de 2007 o premio á ‘Mellor Iniciativa Empresarial’ na cuarta edición dos Premios Eganet.
n
n Intensa labor de I+D+i
n
nQuobis Networks é unha empresa de enxeñería especializada na integración de proxectos de telecomunicacións IP (vía internet). O persoal está composto na súa maioría por enxeñeiros de telecomunicacións, con experiencia nas principais liñas de negocio da compañía, centradas nas tecnoloxías de acceso radio de longo alcance e as redes IP de nova xeración.
n
nA empresa realiza unha intensa actividade de I+D+i, principalmente no deseño de equipamento de comunicacións sen fíos, liña para a que recibiu financiamento público tanto da Administración autonómica (Plan Galego de I+D) coma nacional (Plan PROFIT). Quobis Networks conta con oficinas en O Porriño (Pontevedra), a Tecnópole (Ourense) e Madrid.