Un argumento de peso en contra da compra de vehículos eléctricos é o seu prezo elevado e non falta razón, xa que este tipo de coches, de media, son un 30% máis caros que os que se moven a gasolina ou diésel. Con todo, tamén aquí se vai producir un envorco.
Un estudo de Bloomberg NEF (BNEF) para Transport & Environment (T&E) estima que en torno ao vindeiro 2027, é dicir, en apenas 6 anos, os coches eléctricos terán o mesmo custo que os de gasolina ou diésel, facilitando así a súa plena inserción no mercado automobilístico ao converterse nunha opción real de compra sen supor un sacrificio para os condutores.
O informe especifica que para 2026 os coches tipo sedán e SUV (todocamiño) serán equivalentes en prezo ás versións de carburante, mentres que os automóbiles pequenos chegarán a esta equidade en 2027. Nese ano, tamén está previsto que se equipare o custo dos vehículos comerciais eléctricos.
Esta baixada de prezos da electromobilidade débese, sobre todo, á baixada de custos na produción das baterías, o compoñente máis custoso do coche eléctrico. Ademais, o informe destaca que, co paso destes anos, as liñas de produción especializáronse en maior medida neste tipo de vehículos, polo que os custos serán significativamente menores.
Máis optimista aínda é un estudo da financeira suíza USB. O seu prognóstico é que o custo entre os modelos eléctricos e os de combustible custen o mesmo en 2024. En todo caso, as consecuencias do abaratamento da produción dos coches eléctricos repercutirá directamente sobre o parque automobilístico europeo ou así o predí este estudo. Preto do ano 2035, os coches eléctricos poderían supor o 100% das vendas do mercado de Europa.
Fonte: La Voz de Galicia