A dixitalización, o paso previo á economía circular

A conexión entre a dixitalización e a Economía Circular, así como impulsar actuacións que poidan acelerar a implementación deste novo modelo económico utilizando tecnoloxías dixitais é unha prioridade para empresas e gobernos para os vinceiros anos. Diferentes asociacións empresariais e formativas propñen aproveitar o potencial da dixitalización para cambiar o modelo da economía liñal actual cara ao novo sistema da economía circular, un modelo de produción e consumo que implica compartir, alugar, reutilizar, reparar, renovar e reciclar materiais e produtos existentes todas as veces que sexa posible para crear un valor engadido. Desta forma, o ciclo de vida dos produtos esténdese.

Outro dos obxectivos da economía circular é o aforro de enerxía, algo no que as novas tecnoloxías dixitais e a aplicación dos avances informáticos en domótica, transporte e desenvolvemento industrial teñen un papel fundamental. Entre os eixos principais que contempla a Estratexia Española de Economía Circular (España Circular 2030) preséntanse casos prácticos nos que estas actuacións poden aplicarse dunha maneira directa e eficiente, como os sistemas produtivos do transporte (a eMobilidade urbana), o sector agroalimentario e o turismo.

Un dos motivos para avanzar cara a unha economía circular é o aumento da demanda de materias primas e a escaseza de recursos, unha situación que se viu agravada pola guerra de Ucraína e a falta (ou o encarecemento) de combustibles. Varias materias primas cruciais son finitas e, como a poboación mundial medra, a demanda tamén aumenta. Isto está empezando a afectar ao sector da tecnoloxía, que desde hai case dous anos ve como os materiais e a fabricación de compoñentes como chips e semicondutores non chega para cubrir a demanda dun mercado cada vez máis dixitalizado.

A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) expón solucións dixitais aos retos aos que se enfronta a economía circular, e pon de manifesto que as alianzas entre o sector público e o privado son esenciais para a implementación de tecnoloxías na produción a medio e longo prazo. Ademais, a dixitalización contribúe a desvligar a actividade económica do abuso dos recursos naturais, apostando pola sustentabilidade.

Fonte: La Región