A discoteca máis grande do mundo segundo o Libro Guiness mellorou a súa acústica como consecuencia do traballo que os expertos da empresa galega Sonen realizaron nela durante os últimos meses. As probas realizadas na sala Privilege de Ibiza por esta iniciativa emprendedora situada na incubadora da Tecnópole –Parque Tecnolóxico de Galicia- indican que os resultados do proxecto son altamente satisfactorios.
n
nOs test foron realizados coa discoteca funcionando a pleno rendemento e “permitiron comprobar que o método de predición de ruído mediante modelado conseguiu parametrizar perfectamente o funcionamento da sala e a influencia sobre o entorno, sempre complementado cos datos das medicións acústicas e da inspección in situ”, explica Óscar Outumuro, un dos socios de Sonen.
n
nVarios intentos fallidos
n
nO dono da discoteca contactou coa empresa da Tecnópole logo de que, segundo el, varias empresas de acústica pasasen por alli, sen conseguir os resultados desexados. “Viunos na prensa a raíz da nosa participación no congreso internacional Euronoise e decidiu poñerse en contacto con nós”, afirma Outumuro, que engade que “mesmo nos sorprendeu que estivese tan concienciado con este tipo de problemas, xa que quixo que incluiramos no estudo algunhas zonas da discoteca nas que en principio non se producirían molestias aparentes a veciños ou terceiras persoas”.
n
nLogo de varias xornadas facendo medicións acústicas e recompilando datos, os técnicos de Sonen detectaron que varias zonas da discoteca tiñan problemas de illamento. Os traballos de inspección in situ completáronse con simulacións acústicas sobre un modelado 3D da discoteca, o que permitiu obter resultados máis completos e, polo tanto, achegar solucións de maior alcance: reforzo de certas zonas con illantes, instalación de cristalería especial, habilitación de túneis acústicos, mellora de detalles de remates, tratamento concreto para as tomas de aire, tratamento no cerramento do teito (que a través dun sistema corredizo se abre e deixa toda a discoteca descuberta), tratamento con novos materiais, etc.
n
n“A discoteca encargouse de implementar todas estas solucións baixo a nosa supervisión e, logo de observar as melloras durante toda a tempada alta, podemos dicir que as comprobacións foron moi satisfactorias, ademais de que os donos do local están moi contentos co traballo”, expón Outumuro.
- Home
- Actualidade
- A discoteca máis grande do mundo mellora a súa acústica grazas a unha empresa da Tecnópole
A discoteca máis grande do mundo mellora a súa acústica grazas a unha empresa da Tecnópole
- Luns 25 Outubro 2010