A Dirección Xeral de Política da PEME pon en marcha un proxecto piloto para dar soporte a empresas en plan de negocio e financiamento

O Plan de Crecemento Empresarial da Dirección Xeral de Política da PEME puxo en marcha un programa no que colaboran a Empresa Nacional de Innovación, S.A. (ENISA) e a Fundación EOI co obxecto de formar e titorizar as pemes na elaboración do seu plan de empresa. Unha vez rematado, asesoraranos para que poidan presentalo a distintas entidades co fin de solicitar financiamento. Este proxecto piloto durará ata decembro do 2011.

n
n

 

n

Para iso a Escola de Organización Industrial asignará un titor experto que de forma gratuíta, individualizada e personalizada analizará, revisará e, no seu caso, proporá melloras nos plans de empresa daquelas pemes que o desexen.

n

 

n

Posteriormente, ENISA poderá ofrecer empréstitos participativos ás pemes nunhas condicións moi vantaxosas: sen esixencia de garantías reais e cun prazo e carencia mellores que os ofrecidos polo mercado.

n

 

n

Pódese ampliar información aquí ou enviando un mail plancrecimientoempresarial@eoi.esa.

n

 

n

(Fonte: EOI)