A cúpula da Confederación de Empresarios de Galicia visita Tecnópole para coñecer o seu modelo de apoio ao emprendemento

O novo presidente da Patronal galega, acompañado por varios representantes das delegacións provinciais da entidade, visitaron Tecnópole este martes, especialmente interesados polo seu modelo de apoio ao emprendemento.

n
n

nJosé Manuel Fernández Alvariño, máximo responsable da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) desde o mes pasado, e os demais representantes da organización foron recibidos pola directora financeira de Tecnópole, Luisa Pena, que os guiou polas instalacións do Centro de Empresas e Innovación e mostroulles un dos niños da incubadora empresarial, á vez que lles expuxo as características e a traxectoria do que é o viveiro para emprendedores máis lonxevo de Galicia.
n
nPosteriormente, realizaron un percorrido polo recinto do Parque Tecnolóxico de Galicia para coñecer a súa distribución e as novas parcelas xa dispoñibles para empresas que resultaron da recente ampliación de superficie.
n
nA visita tivo lugar despois da reunión do Comité Executivo da CEG, celebrada en Ourense.
n
n(Fonte: Tecnópole)

n