n
n
O goberno muncipal da Coruña anunciou un investimento de máis de 11 millóns de euros para converterse nunha cidade intelixente que aplique as novas tecnoloxías a todos os ámbitos do servizo público. Este plan está cofinanciado ao 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do 'Programa Operativo de I+D+I por e para o beneficio dos emprendedores-Fondo Tecnolóxico' con vixencia para o período 2012-2013.
n
n
n
n
n
n
En todo o mundo están en marcha 102 proxectos de cidade intelixente, como Birmingham, Ámsterdam, Lyon, Barcelona, Santander ou Málaga. A Coruña pretende ser a primeira cidade galega en entrar neste selecto club de urbes innovadoras e eficientes. Para levalo a cabo a iniciativa, o Concello colaborará coa Universidade da Coruña (UDC).
n
n
O proxecto 'Smart City Coruña' plásmase en seis eixes: en medio ambiente coa telexestión das redes de saneamento e abastecemento; o telecontrol de calidade de aire e ruído e xestión de residuos urbanos intelixente; a enerxía, co control de eficiencia enerxética e a administración electrónica.
n
n
Inclúe tamén nos seus eixes de actuación a mobilidade urbana, a través de sistema de parking intelixente ou de optimización de tráfico en tempo real; sanidade e seguridade con sistema de información sobre servizos de emerxencia e turismo e ocio con sistema de visitas guiadas e de información sobre eventos.
n
n
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, mostrouse convencido no anuncio deste proxecto de que se xerará "desenvolvemento tecnolóxico, investigación na universidade e patentes".
n
n
(Fonte: La Opinión de A Coruña)
n
n
n