A Coruña, Adeje, Salinas e Porto Lumbreras obteñen o distintivo “Cidade da Ciencia e a Innovación”

A Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación distinguiu como "Cidade da Ciencia e a Innovación 2012" á cidade da Coruña e ás poboacións de Adeje (Tenerife), Salinas (Alacante) e Porto Lumbreras (Murcia).

n
n

nA Coruña, Adeje (Tenerife), Salinas (Alacante) e Porto Lumbreras (Murcia) obtiveron o distintivo "Cidade da Ciencia e a Innovación outorgado polo Ministerio de Economía e Competitividade. Esta distinción outórgase a aqueles concellos que demostraran o seu esforzo e compromiso coa I+D+i, creando oportunidades para reforzar e fomentar a ciencia e a innovación dende o ámbito municipal.
n
nCon esta iniciativa foméntase "a innovación nos concellos, elemento clave para alcanzar os obxectivos europeos da estratexia Europa 2020, incentivando ademais actuacións que permitan a España aumentar a súa competitividade e poñer en valor as capacidades do sistema de ciencia, tecnoloxía e innovación", asegura un comunicado da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
n
nCidades da Ciencia e a Innovación
n
nDende 2010 agrúpanse os concellos distinguidos na Rede Cidades da Ciencia e a Innovación, un foro que ten por obxectivo definir as políticas locais innovadoras e potenciar a cooperación público-privada en proxectos, xestión e divulgación científica.
n
nA distinción obtense para un período de tres anos, pasando os concellos premiados a formar parte da Rede, foro de contacto permanente para compartir recursos e información.
n
nEn xaneiro de 2011 entregáronse os primeiros distintivos a 30 concellos seleccionados entre os que presentaran as súas candidaturas por realizar un esforzo para potenciar as infraestruturas innovadoras científicas, tecnolóxicas e sociais. Actualmente e coas novas catro incorporacións son 51 concellos os que contan con esta distinción.
n
n(Fonte: EFE)

n