A consultora Ingade Connect, situada en Tecnópole, colabora coa ONG SonríeXÁfrica

A empresa Ingade Connect, situada en Tecnópole e cun marcado compromiso social, mantén un acordo de colaboración con SonríeXÁfrica, unha organización sen ánimo de lucro centrada na acollida de persoas que solicitan asilo no noso país. Esta colaboración xorde grazas á delegación que a firma ten en Sevilla, cidade á que pertence a ONG.

Ingade comprometeuse a doar equipos tecnolóxicos co fin de que SonríeXÁfrica puidese formar a súa propia aula de informática, co propósito de que as persoas que acollesen puidesen ter acceso á tecnoloxía e lles permita formarse minimamente de cara ao futuro. Ademais deste material, que xa foi entregado na sede principal da ONG na cidade sevillana de Dos Hermanas, a responsable de Seguridade Alimentaria de Ingade, Blanca Peña, vai impartir un curso de manipulador de alimentos.

Ingade é unha empresa dedicada a servizos de consultoría estratéxicos, utilizando unha metodoloxía orixinal e validada con moitos anos de experiencia.

Fonte: Tecnópole