A construción do centro para persoas con discapacidade maiores de 21 años de Ourense avanza a bo ritmo (Construcciones Alea)

A construción do centro de atención a persoas con discapacidade maiores de 21 anos de Ourense, coñecido como CAPD, avanza segundo o previsto. Está en fase de execución. A formalización do contrato coa empresa adxudicataria das obras tivo lugar o día 5 de xuño de 2020. Dos traballos encárganse Construcións Alea SL e Proforma Ejecución de Obras y Restauracións SL, que recibirán 659.080,66 euros.

A execución das obras ten un prazo de 18 meses. O proxecto que se está a construír en Barrocás contempla un centro de atención a persoas con discapacidade maiores de 21 anos que terá 110 prazas (80 de carácter residencial e 30 de centro de día).

A Consellería de Política Social cumprirá, deste xeito, cunha longa reivindicación na provincia. A súa posta en marcha permitirá que as familias ourensás non teñan que depender de centros privados ou concertados e evitará que os usuarios se despracen a instalacións públicas doutras localidades da comunidade autónoma.

No proxecto orzamentario que o goberno da Xunta de Galicia presentou para o ano 2022 aparece unha partida de 6.692.348 euros para culminar coa execución deste proxecto, que forma parte da aposta que o executivo galego ten feito polo gasto en materia social.

Fonte: La Voz de Galicia