O Servizo Galego de Saúde (Sergas) creou unha Plataforma de Innovación Sanitaria a través da que se están a desenvolver uns 30 proxectos de I+D+i. A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, afirmou que a plataforma empezou a funcionar en xaneiro e inclúe a creación dunha unidade de profesionais "multidisciplinares e moi especializados" que traballan en rede e co obxectivo de "transformar en proxectos concretos a capacidade de xeración do coñecemento do sistema sanitario público".
n
n
n
Tamén se dedicará a identificar as posibilidades de financiamento -en ámbito da innovación–na UE, posto que, segundo engadiu, a captación deste tipo de fondos é "un dos retos que ten que afrontar o Servizo Galego de Saúde". Así, a titular de Sanidade defendeu estes "proxectos concretos de crecemento económico e innovación que permitan facer hoxe a medicina do futuro".
n
n
Segundo explicou, nestes momentos xa se iniciaron 30 proxectos de I+D+i no Sergas e citou dous casos, como é o desenvolvemento de instrumentos de monitorización de pacientes crónicos hospitalizados a domicilio -para poder controlar os parámetros no seguimento destas persoas- e o de xestión de residuos hospitalarios mediante sistemas innovadores que permita o tratamento no propio lugar, reducir transporte, custos e emisións contaminantes.
n
n
O primeiro dos tres eixes de actuación da plataforma refírese á innovación en servizos asistenciais, o que supón a introdución de novos produtos e servizos que melloren a eficiencia, da participación dos usuarios e a orientación cara á mellora dos servizos.
n
n
O segundo eixe é a innovación sanitaria, a introdución de novos desenvolvementos tecnolóxicos, da eficiencia enerxética e as fontes de financiamento externas; mentres que a terceira liña é o desenvolvemento de negocio do esforzo investigador, valorizando as capacidades e resultados da investigación biosanitaria.
n
n
(Fonte: Atlántico Diario)
n