O Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) chega por primeira vez a España a través da conferencia EmTech Spain, organizada por Technology Review España, a edición española da revista de tecnoloxía máis antiga do mundo.
n
n
EmTech (Emerging Technologies) Spain celebrarase en Málaga os días 26 e 27 de outubro e reunirá expertos de ámbito internacional que analizarán as principais tecnoloxías emerxentes e como estas cambiarán o mundo.
n
n
Tras Estados Unidos, China e India, España entra a formar parte dunha exclusiva lista de países pioneiros en albergar unha edición deste evento, considerado o encontro de referencia sobre tecnoloxías emerxentes. Durante dous días, líderes empresariais, grandes investidores, destacados emprendedores, investigadores, tecnólogos e académicos de relevancia debaterán e compartirán os seus coñecementos acerca das últimas tendencias en cidades intelixentes, bio e nanotecnoloxía, robótica, internet, videoxogos e medios de comunicación.
n
n
Durante 48 horas, Málaga será o epicentro do debate tecnolóxico internacional e afianzará, da man do MIT e de TR en español, a súa intención de converterse en centro europeo da I+D+i. Nos últimos anos, a cidade avanzou firmemente cara ao obxectivo de converterse nun punto de referencia en tecnoloxía e innovación, especialmente a través a iniciativa Málaga Valley. Por iso, Technology Review España escolleuna como escenario da primeira edición de EmTech Spain, que ademais acollerá en aberto a XI reunión bianual do Club Málaga Valley, integrado polos presidentes das máis de 100 empresas máis importantes en España.
n
n
Opinno, editor oficial de Technology Review en español e portugués, impulsa este evento, no que participan recoñecidos relatores: o director do grupo Smart Cities do MIT Media Lab, Ryan Chin; o xefe do grupo de investigación en videoxogos de MIT, Philip Tan; o director de Tecnoloxía de Twitter, Othman Laraki, e o director de Technology Review, Jason Pontin. Ademais, no marco de EmTech Spain, MIT Technology Review entregará os seus prestixiosos galardóns TR35 aos 10 novos innovadores menores de 35 anos de España, un recoñecemento creado en 1999 pola edición estadounidense da revista que descubriu talentos como Mark Zuckerberg, fundador de Facebook, ou Sergey Brin, fundador de Google.
n
n
As inscricións ao evento, patrocinado pola Xunta de Andalucía, o Concello de Málaga, Invest in Andalucía, Telefónica, BBVA e a Fundación CSIC e Xenoma España xa están abertas en www.emtechspain.com.
n
n
Acerca de Technology Review España
n
n
Technology Review España é a versión en castelán de Technology Review, unha revista publicada por Technology Review Inc., compañía independente de medios de comunicación propiedade do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT).
n
n
Technology Review, fundada en 1989, é a decana das revistas tecnolóxicas do mundo. A súa misión é promover o coñecemento das tecnoloxías emerxentes e analizar as súas implicacións comerciais, políticas e sociais, e a súa perspectiva sobre innovación axuda e orienta líderes do mundo da tecnoloxía e dos negocios (empresarios, emprendedores, investigadores, investidores e financeiros) para mellorar a economía global.
n
n
Ademais da versión española Technology Review conta con edicións internacionais en China, Italia e Alemaña e chega a máis de dous millóns de líderes industriais e de I+D coas súas edicións impresa e dixital, ademais dos seus newsletters e eventos en vivo.
n
n
(Fonte: COTEC)
n