Segundo previsións da firma Juniper, a curva de facturación do 5G ascenderá de forma exponencial nos seus primeiros anos de vida, pasando dos 100 millóns de dólares que se espera que ingrese en 2020, o que está previsto como o seu primeiro ano de comercialización, á cifra antes mencionada apenas media década despois. Isto débese a que, pese a que o 5G previsiblemente tocará o mercado en 2020, non será ata 2025 cando se adopte de forma máis masiva. Isto non será, por suposto, gratis: Juniper anticipa que nos próximos cinco anos investiranse polo menos 25.000 millóns de dólares en investigar e desenvolver a tecnoloxía 5G.
Da mesma forma, en 2020 crese que o número de conexións 4G LTE activas no mundo xa superará os 3000 millóns.
No informe 5G Market Strategies: 4G LTE Evolution, Spectrum Analysis & Opportunities, 2015-2025 os expertos de Juniper indican que o 5G representará xa en 2025 un 7% do total dos ingresos das operadoras de telefonía móbil. Neste sentido, o autor do estudo, Nitin Bhas, sinalou que a implantación do 5G requirirá novos e mellorados esforzos por parte das operadoras en facer o seu sistema de tarifas máis transparente e comprensible.
O informe tamén destaca que, ademais de fonte de ingresos, o 5G exercerá como porta a un abano de novas tecnoloxías, moitas delas inscritas no que se coñece como o Internet das cousas, pero tamén relacionadas con outros campos como os coches semiautónomos, a realidade virtual ou o vídeo de alta definición.
Algúns países, como Corea do Sur, decidiron investir a fondo en 5G co fin de intentar adiantarse ás datas das que falan en Juniper, traballando para que a conexión a Internet dos seus cidadáns lles permita pronto cousas como descargar unha película en tan só un segundo conectarse a Internet en trens de alta velocidade que alcancen ata 500 quilómetros por hora poidan conectarse á rede, un límite que as conexións 4G fixan en 300 quilómetros por hora.
(Fonte: ticbeat)