Destaca, así mesmo, pola súa análise do terreo, ao esquivar obstáculos e contrarrestar desniveis para evitar o xiro, e conta, ademais, cun dispositivo que detén o seu funcionamento en caso de que alguén trate de levantalo ou algún animal suba nel.
A súa principal innovación é a súa programación a distancia, sen depender da súa consola central como acontecía ata o momento. O usuario pode poñer en marcha o robot dende o seu smartphone, “tablet” ou calquera outro dispositivo móbil con conexión á rede. Ademais, achega un total respecto ao medio ambiente grazas ao seu sistema eléctrico, polo que a súa emisión de gases é nula.
A empresa galega Smarttek está especializada en novas tecnoloxías e aposta pola investigación, desenvolvemento e comercialización de aparatos para o exterior do fogar.
(Fonte: Innovamás)