Bruxelas espera que con esta cantidade poidan mobilizarse ata 48.000 millóns de euros de investimento total en I+D. “A UE vai á zaga dos seus competidores globais en termos de investimento empresarial en innovación, así que debemos animar aos bancos a prestar para estes proxectos e axudar ás empresas intensivas en investigación a acceder ao seu financiamento. Isto axudaranos a alcanzar o noso obxectivo de investir o 3% do PIB en I+D en 2020”, dixo a comisaria de Investigación, Máire Geoghegan-Quinn.
O novo programa ‘InnovFin’ consistirá nunha serie de produtos á medida -dende garantías para intermediarios que presten ás pemes ata créditos directos ás empresas- para avalar proxectos de I+D na UE, dende os máis grandes ata os máis pequenos.
(Fonte: Europa Press)