A Comisión Europea designa a Cámara de Ourense como punto de información da Rede Europe Direct

A Cámara de Comercio de Ourense foi designada pola Comisión Europea como novo membro da rede Europe Direct, un punto de información dirixido á sociedade ourensá en xeral pero que, no caso da Cámara, prestará unha atención especial a empresarios, autónomos, emprendedores e traballadores. Con esta designación, a Cámara ourensá convértese no único centro de información da provincia, terceiro de Galicia e segundo da rede cameral española, xunto con Xixón.

n
n

nEurope Direct Cámara Ourense, como así se denominou o novo servizo, pretende achegar a Unión Europea ao ámbito local de modo que dende este punto informativo se xeren respostas axeitadas ás preguntas dos ourensáns, enmarcando así a actividade da Unión Europea no seu contexto local ou diario.
n
nA principal finalidade de Europe Direct é ofrecer información xeral e especializada, doadamente accesible e actualizada sobre as institucións, políticas e programas europeos, asesoramento, acceso a documentos e publicacións das institucións europeas e, ademais, todo tipo de información sobre os dereitos e oportunidades dos cidadáns da UE. Ademais, Europe Direct Cámara Ourense tamén ofrece a oportunidade de transmitir información de retorno ás institucións da UE en forma de cuestións, opinións e suxestións.
n
nTodo este labor compleméntase coa estrea da web europedirect.camaraourense.com onde o usuario poderá atopar convocatorias de programas e axudas, todo tipo de servizos de información da UE, publicacións, noticias, acceso ás principais institucións europeas e ata un boletín que editará o novo servizo da Cámara ourensá.
n
nActividades
n
nA estrea de Europe Direct Cámara Ourense coincidiu no tempo coa celebración, o día 9 de maio, do Día de Europa. Con este motivo organizáronse diversas actividades que tiveron o seu primeiro punto de referencia o mércores, 8 de maio, cun taller escolar sobre Europa e os seus Símbolos no que participaron alumnos do colexio Divina Pastora da cidade.
n
nAo día seguinte, xa en plena xornada conmemorativa, a Cámara instalou durante a mañá unha mesa informativa na rúa do Paseo, onde deu a coñecer o servizo Europe Direct e ofreceu información sobre a Unión Europea a todos os interesados.
n
nUnha terceira actividade celebrada este martes tivo como obxectivo ensinar aos empresarios como participar nos programas europeos, dando a coñecer os requisitos e procedementos para acceder ás fontes de financiamento europeo.
n
nEurope Direct
n
nA Comisión Europea, consciente da necesidade de promover a información e o debate sobre Europa, puxo en marcha en 1996 unha rede europea de centros de información (Europe Direct). Ata entón só existía un servizo de correo electrónico para atender ás solicitudes de información sobre as súas actividades, pero ese mesmo ano e dentro da iniciativa «Os cidadáns primeiro» creouse un primeiro centro dende o cal se enviaban guías e documentos ás persoas que o solicitaban.
n
nDous anos máis tarde, o Consello Europeo instou a creación dun centro de contacto permanente: Europe Direct, hoxe con medio millar de puntos de información distribuídos por toda a UE e entre os cales se atopa a Cámara de Comercio de Ourense.
n
n(Fonte: Cámara de Ourense)
n

n