A Comisión Europea busca o emprendedor web do ano

Europioneers, iniciativa organizada pola Comisión Europea co obxectivo de fortalecer o ecosistema de emprendemento tecnolóxico no continente, acolle por terceiro ano consecutivo os Premios Europeos ao Emprendedor Web do Ano. Unha cita que terá lugar en Slush, un dos eventos de referencia da innovación tecnolóxica celebrado en Helsinki. Unha proposta á que se suman Deloitte e o Fórum Europeo de Jóvenes Innovadores como organizadores.

Un dos obxectivos da convocatoria é a adaptación dunha plataforma para que os emprendedores poidan conectar con investidores e outros profesionais da tecnoloxía e o mundo virtual. O período de inscrición estará aberto durante dous meses ata o 31 de agosto e será o 15 de setembro cando se publiquen os proxectos ganadores. Unha oportunidade para seguir os pasos dos ganadores da pasada edición: Peter Arvai CEO e cofundador de Prezi, Guillermo García, fundador de Alumn-e, Javier de la Torre, presidente executivo de Carto DB e Silvia Klein, fundadora e directora executiva de paij.

A competición terá tres categorías. Xunto ao Premio ao emprendedor web do ano, onde se elixirán aqueles emprendedores web que creasen servizos dixitais ou produtos innovadores nos que a web ou o móbil sexan compoñentes indispensables, hai que sumar dúas propostas novas para valorar tanto os emprendedores menores de 30 anos como a muller emprendedora do ano, propostas nas que a metade dos fundadores do proxecto deben ser mulleres.

O proceso de selección dos ganadores pasa porque as empresas se poden votar a si mesmas ou a outras, á vez que o público tamén decidirá xunto co xurado. Un tribunal formado por expertos web como Carlos Espinal de Seedcamp, Carlos Silva de Europineers, Jan Reichelt de Mendeley e Robin Souter de Tech.eu. Será o 12 de novembro cando se celebre cerimonia de premios durante o Slush en Helsinki.

(Fonte: Innovaspain)