A CEO anima a emprender coa publicación dunha guía

A Confederación Empresarial de Ourense presentou a “Guía para emprender en Ourense”, elaborada no marco do Programa Integrado de Emprego. Esta iniciativa conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, cuxo titular, Francisco Conde, estivo presente no acto de presentación.

O presidente dos empresarios, José Manuel Pérez Canal, explicou que esta guía “pretende ser un instrumento útil poñer en marcha a propia iniciativa empresarial”, achegándolle asesoramento para percorrer o camiño “dende a idea orixinal ata conseguir que o proxecto funcione”.

A guía inclúe medio centenar de casos de emprendemento na provincia de Ourense, desenvolvidos dentro das políticas de apoio ao emprendemento da propia CEO. Neste sentido, o conselleiro de Industria, Francisco Conde, destacou a aposta polo autoemprego da CEO, que “atende case 200 persoas ao ano nas súas iniciativas, alcanzando un 35% de inserción laboral”, en palabras de Pérez Canal.

Conde engadiu que iniciativas como a destes programas de busca de autoemprego están integrados na axenda de emprego 2020, que pretende “crear 100.000 postos laborais ata 2020” e “sumar 50.000 contratos indefinidos”.

(Fonte: La Región)