A Comisión Europea (CE) e o Grupo Banco Europeo de Inversión (BEI) puxeron en funcionamento un novo mecanismo de garantías de empréstitos europeos para apoiar a innovación nas pequenas e medianas empresas (pemes).
n
n
n"O Instrumento de Risco compartido (RSI, nas súas siglas en inglés) axudará ás pequenas firmas facéndose responsable de parte do risco dos empréstitos concedidos polos bancos", explicou a CE nun comunicado.
n
nO Fondo Europeo de Investimentos (FEI) asinou o seu primeiro acordo deste tipo co banco austríaco UniCredit por un valor de 120 millóns de euros a dous anos vista.
n
nAínda que o austríaco UniCredit foi o primeiro banco en conseguir un acordo RSI, a CE espera que "10 bancos ou máis participen na fase piloto antes de final de ano con 1000 millóns para empréstitos".
n
nOs empréstitos emitidos polos bancos intermediarios terán un valor de entre 25.000 euros e 7,5 millóns de euros e "deberán ser destinados ás pemes en investigación, desenvolvemento, innovación e a busca de financiamento para os investimentos e/ou capital de traballo", sinalou a CE.
n
nA comisaria europea de Investigación, Innovación e Ciencia, Máire Geoghegan-Quinn, declarou no mesmo comunicado que o executivo comunitario "está comprometido a apoiar a innovación nas pemes. Estamos a propoñer unha maior facilidade para acceder ao crédito para o 2014 baixo o futuro programa de investigación e innovación da estratexia Horizonte 2020".
n
n(Fonte: EFE)