A biotecnolóxica Oncostellae logra financiamento para investigar o cancro

A empresa biotecnolóxica Oncostellae, afincada no edificio CEI da Tecnópole e especializada no desenvolvemento de fármacos para o tratamento do cancro, afianzará os seus programas de investigación grazas á entrada no seu capital social de Inveready, un dos grupos nacionais máis activos de investimento de capital risco en empresas de base tecnolóxica.

A operación, segundo valora a compañía, permitirá avanzar dous programas de cancro de próstata e hematolóxicos actualmente en curso, así como consolidar o proxecto Neogalfarma, en colaboración con Galchimia, AMSLab e Nanogap.

Neste sentido, permite a Oncostellae acceder ao financiamento adicional necesario para alcanza a fase preclínica e clínica no desenvolvemento dos seus medicamentos. Os novos produtos satisfarán as necesidades dun mercado que no caso do cancro de próstata é de máis de dous millóns de euros.

A compañía foi constituída en 2013 por emprendedores no sector biomédico para o descubrimento de novos fármacos oncolóxicos, aproveitando a experiencia nas diferentes áreas de investigación farmacéutica dos seus fundadores.

A alianza con Galchimia e AMSLab deu orixe aos proxectos Oncogalfarma e Neogalfarma, deseñados para descubrir novos fármacos contra enfermidades oncolóxicas.

(Fonte: La Región)