De todos estes traballos, a maior parte estiveron relacionados coas tecnoloxías (94), seguido de bioprocesos, bioprodutos e actividades. No caso dos bioprodutos, o 81% encóntranse xa dispoñibles no mercado e o 50% está patentado. En canto aos bioprocesos, estas cifras baixan xa que só o 65% deles xa está dispoñible no mercado e o 14% patentado. Finalmente, nos desenvolvementos relacionados coas tecnoloxías, a presenza no mercado xa alcanza o 86% e o 24% está patentado.
Así mesmo, e coincidindo coa publicación deste pipeline, ASEBIO adheriuse ao manifesto firmado por máis de 100 asociacións europeas, no que se pide ás autoridades comunitarias potenciar unha reindustrialización baseada na biotecnoloxía. Para isto esgrimen que, “entre 2008 e 2014, o sector industrial europeo perdeu 3,5 millóns de empregos, a favor de países como India ou China que están implantando potentes políticas de industrialización” segundo informou ASEBIO. Por todo isto, as organizacións firmantes instaron a “que se alcance o 20% do PIB europeo a través de procesos industriais, a través da implementación dun plan de acción ambicioso e realista”.
Estas peticións enmárcanse nunha serie de recomendacións que fixeron chegar á Unión Europea. Entre elas están expandir, acelerar e simplificar o acceso a fondos, coordinar os mecanismos financeiros entre Europa e cada país, asegurar o acceso a mercados internacionais coa mobilidade dos profesionais, desenvolver incentivos que respondan ás necesidades específicas das pemes, impulsar unha lexislación adaptada á realidade destas empresas e facilitar o acceso a expertise en fases cruciais do seu desenvolvemento.
(Fonte: Innovaspain)