A biotecnoloxía galega recicla materiais para a industria 4.0 con Tactics

A biotecnoloxía galega non só é unha aliado fundamental contra enfermidades como o cancro ou o virus da COVID. Novas Técnicas de Control para a Transición Industrial cara a unha Economía Circular Segura (Tactics) é o proxecto que busca demostrar a viabilidade e idoneidade de novas técnicas de análise química para incorporar materiais reciclados ou valorizados á cadea de valor da industria 4.0 circular.

A iniciativa, de case 1,6 millóns de euros, é financiada polo CDTI e impúlsana tres compañías galegas: AMSlab, con sede en Lugo; Sigillum Knowledge Solutions, con base en Santiago; e Torus Software Solutions, situada na Coruña. As tres abordan o reto da economía circular, co obxectivo de converter a Galicia en referente, utilizando a investigación de técnicas analíticas para garantir a composición e calidade de materias primas e produtos a través de metodoloxías simples, rápidas, económicas e integradas na cadea industrial.

Serán tamén fáciles de interpretar e fiables para avanzar cara á circularidade e sustentabilidade de sectores estratéxicos, segundo as directrices da UE. AMSlab liderará o consorcio Tactics, onde colaboran a compostelá Mestrelab Research e a USC.

Fonte: El Correo Gallego