A biotecnoloxía galega aposta por visibilizar as iniciativas máis competitiva

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) convocaron os XI Premios Bioga para incentivar o impulso e desenvolvemento das iniciativas empresariais baseadas no talento innovador vencelladas á biotecnoloxía e recoñecer o traballo das empresas máis competitivas e innovadoras do sector biotecnolóxico que desenvolven a súa actividade na comunidade galega.

A cidade de Santiago de Compostela acollerá a entrega a principios do mes de decembro. «Un ano máis queremos recoñecer o labor, o traballo e o esforzo das empresas do sector bio e, ao mesmo tempo, promover o talento e a iniciativa entre emprendedores galegos que comezan a abrirse camiño no mundo empresarial bio», asegura Carme Pampín, presidenta de Bioga, quen destaca o prestixio e dimensión que cada ano adquire un certame que avoga por dar visibilidade á innovación.

Fonte: La Voz de Galicia