O 30% dos medicamentos no caso de compañías nacionais e o 50% no caso de multinacionais con filial en España centran as súas investigacións de novas moléculas no tratamento contra o cancro, dun total de 392 investigacións de medicamentos biotecnolóxicos en todos os campos en 2016. A segunda área con maior número de medicamentos en investigación e desenvolvemento en territorio nacional, alcanzando o 18% do total, corresponde ao sistema nervioso central.
Do mesmo modo, dentro dos produtos e servizos de diagnóstico e de medicina personalizada, o 40% deles van dirixidos á área oncolóxica, o 19% a enfermidades infecciosas e o 15% ao tratamento de enfermidades do sistema nervioso central.
Segundo o director xeral de Asebio, Ion Arocena, “o sector biotecnolóxico puxo no mercado os últimos anos produtos que foron absolutamente revolucionarios e disruptores no tratamento de enfermidades que constitúen problemas de saúde pública de primeira dimensión, como é o caso do cancro. En oncoloxía, por exemplo, os inhibidores de checkpoint, están revolucionando o tratamento de moitísimas enfermidades oncolóxicas”.
En canto ás empresas biotecnolóxicas de servizos, estas forman un ecosistema ideal para potenciar o desenvolvemento de novos fármacos e terapias na área da oncoloxía. As empresas de servizos socias de Asebio provén servizos cubrindo todas as necesidades do pipeline do drug discovery incluíndo simulacións computacionais in silico, ensaios in vitro e estudos in vivo, xestión de estudos clínicos e a fabricación e comercialización dos produtos. Todos eles son esenciais para dar soporte ao gran número de medicamentos biotecnolóxicos que temos actualmente en desenvolvemento na área da oncoloxía en España.
En 2016, a European Medicines Agency (EMA), recomendou a aprobación de 81 medicamentos. Deles 17 en cancro, seguidos de 14 para infeccións.
(Fonte: Asebio)