A ‘biotech’ española atrae máis de 95 millóns de euros de investimento

A biotecnoloxía xa é o segundo sector máis atractivo para os business angels en España. Arredor do 13% das operacións financiadas por pequenos investidores particulares pechouse neste mercado, só superado polo mundo da informática, segundo datos da Rede Española de Business Angels (Esban).

n
n

 

n

Non obstante, este grupo de investidores só achega un de cada dez euros que se dedican a financiar as compañías biotecnolóxicas, que en boa medida dependen do capital risco e das liñas de empréstitos e subvencións públicas.

n

 

n

Aínda así, o ano pasado, as firmas biotecnolóxicas españolas lograron captar máis de 95 millóns de euros en fondos, segundo datos do último informe anual da patronal Asebio. As dúas operacións máis importantes foron a de GP-Pharm e Noscira, filial de Zeltia, con preto de 20 millóns cada unha.

n

 

n

A operación da compañía presidida por José María Fernández-Sousa é un exemplo de como utilizar as diferentes fontes de financiamento, xa que na súa ampliación de capital participou dende o capital risco (Suanfarma), pasando por un investidor particular (Rosalía Mera a través de Rosp Corunna) ata organismos públicos (ICO a través de FESpyme).

n

 

n

Rendibilidade

n

 

n

Aínda que a crise se deixou notar nalgunhas operacións, o consenso de analistas coincide á hora de sinalar que as biotecnolóxicas conforman un sector suficientemente atractivo para captar a atención dos investidores. "Dende o punto de vista dun fondo de capital risco, trátase dun sector novo de alto potencial de rendibilidade.

n

 

n

Se, ademais, engadimos o apoio que o sector biotecnolóxico recibe da Administración Pública, despréndese que se trata dun sector interesante para os que saiban entendelo e descifrar as claves de éxito dos proxectos", apunta Julia Salaverria, socia de Ysios Capital Partners, membro da Asociación Española de Entidades de Capital Risco (Ascri).

n

 

n

O problema, segundo esta experta, é o carácter tan técnico das investigacións neste ámbito. "Non se trata dun sector para investidores non especializados, xa que os seus parámetros e necesidades son moi distintos aos doutros investimentos en mercados máis tradicionais", explica. O resultado é que algúns fondos aínda miran con receo este tipo de proxectos.

n

 

n

"O sector biotecnolóxico español atópase infradesenvolvido comparándoo cos nosos veciños europeos. Con proxectos de financiamento mixtos, público-privados, deberiamos ser capaces de dinamizar a nosa ciencia e convertela en motor de desenvolvemento económico", asegura Gonzalo Marín, socio director de Suanfarma Biotech.

n

 

n

O problema é que "existe unha excesiva dependencia de axudas públicas, que sempre son benvidas pero que non deben interpretarse como a única vía de financiamento do sector", considera Martín Hernández-Palacios, director de Aliter, escola de negocios especializada no ámbito da biotecnoloxía.

n

 

n

Na súa opinión, o descoñecemento dos investidores á hora de valorar estas empresas é un obstáculo. "Tampouco facilita moito as cousas a falta de iniciativa empresarial dos científicos e as trabas para coordinar investigacións científicas e inxeccións de diñeiro nos proxectos", asegura este experto.

n

 

n

Para equilibrar, a ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, anunciou novas liñas para apoiar o sector, aínda que co compromiso de que o capital privado achegue a metade dos fondos de cada proxecto. Mentres tanto, dende a patronal Asebio, reclaman que unha vía para que despegue definitivamente a iniciativa privada é aplicar incentivos fiscais aos investimentos en I+D biotecnolóxicas. O sector pide que se adiante as deducións en I+D a través de créditos fiscais por valor de 65 millóns de euros.

n

 

n

(Fonte: Expansión)