Con motivo da próxima convocatoria de axudas específicas para proxectos de innovación promovidos por consorcios de pemes, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) programou en Santiago un taller de traballo para o próximo 12 de novembro baixo o título “3ª Edición Conecta-Pemes”.
Este programa presta apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), que deberán presentarse, necesariamente, por unha agrupación de empresas.
O taller ten como obxectivo ofrecer información práctica ás empresas interesadas en participar, polo que se exporán as principais novidades e melloras introducidas na convocatoria en relación ás edicións anteriores, así como cuestións relativas á presentación e tramitación das solicitudes.
(Fonte: Gain)