Con este obxectivo, a Axencia Galega de Innovación (Gain) está a organizar o foro “Cara a sistemas de seguimento máis eficaces para medir o impacto de RIS3 rexionais e transrexionais”, no que se traballará conxuntamente no modelo de seguimento a implementar. Este foro terá lugar o próximo 17 de decembro na sede de Gain.
Este sistema de seguimento servirá para a revisión, actualización e mellora continua das áreas e obxectivos da RIS3 Galicia. Polo tanto, a participación activa dos axentes do sistema galego de innovación é especialmente relevante para desenvolver un sistema de indicadores que reflicta os diferentes ámbitos da I+D+I.
Na primeira parte da xornada debaterase sobre os obxectivos, problemas e oportunidades dos sistemas de indicadores específicos para políticas de innovación, na que participarán expertos e axentes de innovación de ámbito estatal e internacional, que achegarán a súa experiencia e enriquecerán o debate. Na segunda parte, desenvolveranse os talleres de traballo temáticos.
A inscrición está aberta mediante un formulario online.
(Fonte: Gain)